Información de Última hora: debido a non ter porteiro suplente, quedamos cuartos no lugar de terceiros, aínda así: PARABÉNS!
Ligazón á información da federación galega de patinaxe.
Esta fin de semana vivimos unha auténtica xesta por parte do noso Junior.
Deixáronse a pel e algo máis: un óso dislocado, unha brecha no queixo e unha man como un cesto.
E aínda así conseguírono!!
Unha vitoria contra o Compañía de María e un empate contra o campión galego, o A. C. Órdenes, déronlle a clasificación para o sector.