Hockey Club Raxoi

Inicio » Avisos » [Junior] – Comunicado do HC Raxoi sobre acontecimientos na Final a 4 da categoría Junior

[Junior] – Comunicado do HC Raxoi sobre acontecimientos na Final a 4 da categoría Junior

HC_Raxoi_Escudo_156x156O Hóckey Club Raxoi desexa facer as seguintes consideracións en relación aos sucesos que desembocaron no despoxo do terceiro posto da liga galega 2015-16 aos mozos júnior do noso Club, despois de ter disputados os tres encontros (1 derrota, 1 victoria e 1 empate) na ‘final a 4’ celebrada os pasados días 12 e 13 de marzo en Ordes:
1.- Se ben o Club considera anómalos os procedementos e decisións que desembocaron nesta situación, asume plenamente as consecuencias derivadas do incuprimento das normas que a Federación Galega de Patinaxe (FGP) establece para a celebración da competición autonómica. Non obstante, o club resérvase o dereito iniciar as accións legais para a lexítima defensa dos intereses dos seus asociados.
2.- O Club non entende nin comparte que os recursos ou reclamacións sobre o incumprimento da norma 16 que regula as competicións que dependen da FGP, referida á obrigatoriedade de dispoñer dun porteiro suplente, se fixera ao finalizar o último partido e sen apercibemento previo por ninguna das partes (i. e., equipos rivais, equipo arbitral), o que eventualmente poidera dar lugar a subsanar o incumprimento da norma.
3.- O Club non comparte a decisión de aceptar o recurso do equipo rival ‘in situ’ e de xeito inmediato, relegando ao equipo do Hóckey Club Raxoi ao 4º posto xa na entrega de trofeos. Cremos que a quen lle corresponde analizar, valorar e resolver os recursos presentados é ao Comité Disciplinario da FGP.
4.- Sen cuestionar o sentido da mencionada norma, non dispoñer de porteiro suplente non reporta vantaxes, máis ben ao contrario, pon en situación de vulnerabilidade ao equipo que carece del. Cremos que isto dá máis lexitimidade moral, se cabe, aos resultados acadados polos mozos júnior do noso club na mencionada final a 4. Lamentamos que, neste caso, a mesma regulación que debe ser garante das condicións de equidade e respeito ao espiritu deportivo sirva para aniquilar todo aquelo que debería preservar.
5.- O Hóckey Club Raxoi lamenta a situación creada exclusivamente polas consecuencias que ten sobre un grupo de rapaces que con ilusión, esforzo e sentido de equipo conqueriron, contra todo pronóstico, quedar terceiros na competición galega da súa categoría. O Club apoiaos na súa decisión de retornar á FGP as medallas que os identifican como cuartos no mencionado campionato.
6.- O Club desexa agradecer os apoios recibidos, lamenta as situacións de tensión derivadas da situación creada e ten en alta consideración a actitude amosada polos mozos do equipo rival beneficiados polo recurso presentado polo seu Club.

‘Unha cousa non é xusta polo feito de ser Lei, debe ser Lei porque é xusta’ (Barón de Monteisquieu, 1748)

Asdo.: A Directiva


1 comentario

  1. Bilo di:

    Gracias directiva por preocuparos por todos nosotros. Nos apena que estas cosas sucedan en este deporte.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

A %d blogueros les gusta esto: