Os Orzamentos Participativos (OP) son unha ferramenta para que a veciñanza decida de maneira directa a que destinar unha parte do orzamento do seu concello.
O compromiso do goberno de Santiago é asumir de maneira vinculante os resultados do proceso.
Unha das iniciativas e a de Adaptar un pavillón para a práctica do hockey a patíns.
Adaptar algún pavillón da Cidade para a práctica do hockey a patíns. Trataríase de colocar vallas de protección e máis porterías. Non existe neste momento suficiente oferta que cubra as necesidades de entreno e práctica deste deporte, ademais de ser precisa para a disputa de encontros…
Para que unha proposta pase á fase de avaliación técnica, deberá ser apoiada pola cidadanía. Os apoios poden outorgarse desde o inicio da fase de propostas ata o final da fase de deliberación e apoios (do 6 de xuño ao 31 de xullo).
Dende os clubes de hockey a patíns da nosa cidade os animamos a apoiar esta iniciativa.
Grazas de antemán polo voso apoio.
HC Raxoi.