Hockey Club Raxoi

Inicio » III Xornadas de tecnificación e empoderamento – hóckey patíns feminino – 10-11-12 de outubro de 2020

III Xornadas de tecnificación e empoderamento – hóckey patíns feminino – 10-11-12 de outubro de 2020

O Hockey Club Raxoi ten o pracer de presentar as III Xornadas de Tecnificación e Empoderamento en Hóckey a Patíns Feminino a cargo de xogadoras internacionais e da Liga OK española de recoñecido prestixio.

Corpo Técnico que dirixirá a formación das xornadas:

  • Ainhoa García López
    4 Copas de Europa
    2 Copas de SM la Reina
    1 OK Liga
    Seleccionadora galega hóckey feminino
  • Elena González Lolo
    C.P. Gijón Solimar
    4 Copas de Europa (2009/ 10/ 12/ 18).
    4 Copas de SM la Reina (2012/ 13/ 16/ 19).
    3 OK Liga (2008-09/ 2016-17/ 2017-18).
    1 Subcampeonato Copa Intercontinental (2018).
  • Sara González Lolo
    C.P. Gijón Solimar:
    3 OK Liga (2008-09/2016-17/2017-18).
    4 Copas de Europa (2009/10/12/18).
    4 Copas de la Reina (2012/13/19).
    Subcampeona Copa intercontinental 2018.
    Selección Española absoluta:
    3 Campeonatos del mundo (2016/17/19).
    4 Copas de Europa (2011/13/15/18).
    Selección Española categorías inferiores:
    Campeona de Europa sub19 (2009).
    Campeona de Europa sub20 (2010).
  • Natasha Lee Suárez
    C.P. Gijón Solimar y C.P. Voltregá
    6 Ok Liga Femenina: 2008, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016.
    6 Copas de Europa: 2007, 2009, 2011, 2013, 2016, 2017.
    3 Copas de la Reina 2011, 2014, 2019.
    Subcampeona Copa Intercontinental 2018.
    Selección Española Absoluta:
    3 Campeonatos del Mundo 2008, 2016, 2017
    5 Campeonatos de Europa 2009, 2011, 2013, 2015, 2018.
    Otros:
    Mejor Deportista Asturiana 2009
    MVP Europa 2009
    MVP Ok Liga 2015, 2016.

Programa:

A normas de prevención de contaxios vixentes na cidade de Santaigo de Compostela obrigan a NON exceder agrupacions de 10 persoas. Por esta razón, o número de inscricións redúcese de xeito ostensible nestas III Xornadas que se levarán a cabo en 2 grupos de 10 persoas.
As inscritas serán repartidas en dous grupos e os seus horarios van a variar en virtude do grupo que se lles asigne (A ou B).
Na seguinte táboa podedes ver os horarios para cada un dos días das Xornadas en cada un dos grupos.

A pertenza ao grupo A ou B será comunicada despois de confirmar a inscrición da deportista e previo inicio das Xornadas.

Dacordo cos protocolos de seguridade sanitaria fronte ao COVID-19, as participantes nas xornadas deberán traer o seu propio material deportivo (roupa, patíns, stick, proteccións, guardas, casco, guantes, collarín, etc).
Ademais, deberán levar unha botella de auga, debidamente identificada, un bote de hidrogel alcohólico de uso persoal e a lo menos duas mascarillas para os entrenos e outra para os traslados.
Non estará permitido o uso de vestiarios ou duchas polo que deberán traer consigo unha toalla e dispor de roupa de recambio para, una vez finalizado o adestramento, poidan retirar a equipación sudada e poñer unha seca.
Non se permitirá o acceso ás instalacións con febre ou outros síntomas compatibles con COVID-19. Si alguén os experimenta ou ten constancia de ter estado en contacto con persoas contaxiadas nos últimos 14 días debe absterse de asistir.
O incumprimento reiterado e deliberado das normas que impoña o equipo técnico suporá a inmediata expulsión das xornadas.

As prazas ofertadas serán en exclusiva para mozas nacidas entre o 2004 e o 2008 e serán asignadas por orde de chegada (non se deberá proceder ao ingreso bancario ata que que chegue aceptación da inscrición).

A cuota de inscrición será de 15 € e nela estará incluido o xantar dun dos días da actividade (domingo ou luns dependendo do grupo no que se inclúa a deportista) e un agasallo conmemorativo das xornadas.

Prazas restrinxidas: A admisión será por estricto orde de recepción do formulario de solicitude de preinscrición debidamente cumprimentada.

Data límite de preinscrición: 6 de outubro de 2020.

O proceso de inscrición será o seguinte:Proceso de preinscrición a través do seguinte formulario no que haberá que incluir copia da licenza federativa en vigor e formulario de declaración responsable debidamente cumprimentado e asinado garantindo o cumplimento das normativas establecidas polas autoridades sanitarias fronte ao COVID-19 detalladas no seguinte documento

O Club contactará coas deportistas con praza para comunicar a aceptación da inscrición e facilitará os datos bancarios para realizar o pagamento.

Envío do xustificante de pago (Concepto: III Xornadas de tecnificación feminino) o correo do club (hockeyclubraxoi@hotmail.es)

Confirmación da inscrición e comunicación do grupo de pertencia (A ou B).

O lugar de realización das actividades será o Pavillón Municipal de Vite (Rúa de Carlos Maside, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña)

Para máis información ou dúbida podedes poñervos en contacto co clube no teléfono 654.855.133 ou no correo-e hockeyclubraxoi@hotmail.es..

Esperamosvos.