Hockey Club Raxoi

Inicio » IV Xornadas de tecnificación e empoderamento – hóckey patíns feminino – 11-12 de outubro de 2021

IV Xornadas de tecnificación e empoderamento – hóckey patíns feminino – 11-12 de outubro de 2021

O Hockey Club Raxoi ten o pracer de presentar as IV Xornadas de Tecnificación e Empoderamento en Hóckey a Patíns Feminino a cargo de xogadoras internacionais e da Liga OK española de recoñecido prestixio.

Corpo Técnico que dirixirá a formación das xornadas:

  • Pendente de confirmación

Programa:

  • Lunes 11/Oct/2021
    • 9:30 Acceso
    • 14:00 – 16:00 Comida
    • 20:00 Saída
  • Martes 12/Oct/2021
    • 9:30 Acceso
    • 14:00 Saída

Dacordo cos protocolos de seguridade sanitaria fronte ao COVID-19, as participantes nas xornadas deberán traer o seu propio material deportivo (roupa, patíns, stick, proteccións, guardas, casco, guantes, collarín, etc).
Ademais, deberán levar unha botella de auga, debidamente identificada, un bote de hidrogel alcohólico de uso persoal e a lo menos duas mascarillas para os entrenos e outra para os traslados.
Non estará permitido o uso de vestiarios ou duchas polo que deberán traer consigo unha toalla e dispor de roupa de recambio para, una vez finalizado o adestramento, poidan retirar a equipación sudada e poñer unha seca.
Non se permitirá o acceso ás instalacións con febre ou outros síntomas compatibles con COVID-19. Si alguén os experimenta ou ten constancia de ter estado en contacto con persoas contaxiadas nos últimos 14 días debe absterse de asistir.
O incumprimento reiterado e deliberado das normas que impoña o equipo técnico suporá a inmediata expulsión das xornadas.

As prazas ofertadas serán en exclusiva para mozas nacidas entre o 2005 e o 2012 e serán asignadas por orde de chegada (non se deberá proceder ao ingreso bancario ata que que chegue aceptación da inscrición).

A cuota de inscrición será de 15 € e nela estará incluido o xantar do luns e un agasallo conmemorativo das xornadas.

Prazas restrinxidas: A admisión será por estricto orde de recepción do formulario de solicitude de preinscrición debidamente cumprimentada.

Data límite de preinscrición: 6 de outubro de 2021.

O proceso de inscrición será o seguinte:

Proceso de preinscrición a través do seguinte formulario no que haberá que incluir copia da licenza federativa en vigor e formulario de declaración responsable debidamente cumprimentado e asinado garantindo o cumplimento das normativas establecidas polas autoridades sanitarias fronte ao COVID-19 detalladas no seguinte documento

O Club contactará coas deportistas con praza para comunicar a aceptación da inscrición e facilitará os datos bancarios para realizar o pagamento.

Envío do xustificante de pago (Concepto: IV Xornadas de tecnificación feminino) o correo do club (hockeyclubraxoi@hotmail.es)

Confirmación da inscrición.

O lugar de realización das actividades será o Pavillón Municipal de Vite (Rúa de Carlos Maside, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña)

Para máis información ou dúbida podedes poñervos en contacto co clube no teléfono 654.855.133 ou no correo-e hockeyclubraxoi@hotmail.es..

Esperamosvos.