Hockey Club Raxoi

Inicio » V Xornadas de tecnificación e empoderamento – hóckey patíns feminino – 10-11 de setembro de 2022

V Xornadas de tecnificación e empoderamento – hóckey patíns feminino – 10-11 de setembro de 2022

COFINANCIA: Concellaría de Políticas de Igualdad (Concello de Santiago de Compostela)

O Hockey Club Raxoi ten o pracer de presentar as V Xornadas de Tecnificación e Empoderamento en Hóckey a Patíns Feminino a cargo de adestradores especializados no hóckey feminino xogadoras da OK Liga española de recoñecido prestixio.

Corpo Técnico que dirixirá a formación das xornadas:

  • Pendente de confirmación

Programa:

  • Sábado 10/Sep/2022
    • 9:30 Acceso
    • 14:00 – 16:00 Comida
    • 20:00 Saída
  • Domingo 11/Sep/2022
    • 9:30 Acceso
    • 14:00 Saída

As prazas ofertadas serán en exclusiva para mozas nacidas entre o 2007 e o 2015 e serán asignadas por orde de chegada (non se deberá proceder ao ingreso bancario ata que que chegue aceptación da inscrición).

A cuota de inscrición será de 15 € e nela estará incluido o xantar do sábado e un agasallo conmemorativo das xornadas.

Prazas restrinxidas: A admisión será por estricto orde de recepción do formulario de solicitude de preinscrición debidamente cumprimentada.

Data límite de preinscrición: 7 de setembro de 2022.

O proceso de inscrición será o seguinte:

Proceso de preinscrición a través do seguinte formulario no que haberá que incluir copia da licenza federativa en vigor.

O Club contactará coas deportistas con praza para comunicar a aceptación da inscrición e facilitará os datos bancarios para realizar o pagamento.

Envío do xustificante de pago (Concepto: V Xornadas de tecnificación feminino) o correo do club (hockeyclubraxoi@hotmail.es)

Confirmación da inscrición.

O lugar de realización das actividades será o Pavillón Municipal de Vite (Rúa de Carlos Maside, 2, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña)

Para máis información ou dúbida podedes poñervos en contacto co clube no teléfono 654.855.133 ou no correo-e hockeyclubraxoi@hotmail.es..

Esperamosvos.