Hockey Club Raxoi

Inicio » Raxoi » Mar de Lorbé. O noso novo espónsor

Mar de Lorbé. O noso novo espónsor

FotoFinalLuz
O xoves 17 de marzo, ás 19:30 horas presentamos ante todas as socias, socios, amigas e amigos do Raxoi ao noso novo espónsor, a marca de mexillóns do Grupo Proinsa: Mar de Lorbé
O acto comezou co agradecemento por parte do Presidente do Club, Arturo Pereiro, ao espónsor, por ver o deporte, e o patrocinio do noso club, desde un aspecto social non só como unha forma de facer publicidade.
Katja Cardol
Acto seguido tomou a palabra a psicóloga deportiva Katja Cardol da Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo do Centro Libredon, que dou unha pequena charla sobre a importancia do deporte no desenvolvemento das nosas crianzas.
Finalmente falounos o representante de Mar de Lorbé, José Juan Fernández para contarnos a súa relación co hóckey, posto que o seu fillo foi porteiro no Santa María del Mar.
JoséJuanFernándezCamisetaDesde o Club fíxose entrega a José Juan dunha das novas camisetas do club e finalizouse o acto cunha foto de familia.
Estanse subindo todas as fotos do acto á seguinte ligazón

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.